Unanimidade na aprobación do ditame do CES sobre o Plan director do sector alimentario

O CES-Galicia aprobou por unanimidade, nunha sesión plenaria celebrada hoxe, o seu ditame sobre o Anteproxecto do Plan director do sector alimentario de Galicia 2026-2028, sometido á consideración deste organismo consultivo. O Consello valora positivamente a iniciativa como “instrumento para establecer medidas para o reforzo do desenvolvemento deste sector estratéxico” e aporta unha trintena de consideracións xerais sobre o seu contido e máis de vinte e cinco consideracións particulares ao seu articulado coa idea de mellorar o documento coa opinión consensuada das organizacións representadas no CES.