O presidente do CES-Galicia, Manuel Pérez, puxo o remate a unha xornada sobre xestión de riscos organizada pola Fundación Inade e celebrada na sede do organismo consultivo. Acompañado polo presidente da fundación, José Ramón Santamaría Barreiro, o anfitrión salientou a importancia destes encontros para afondar no coñecemento do sector. Baixo o título “Gestión del riesgo en el sector empresarial gallego”, os participantes desenvolveron distintas ponencias para abordar a realidade do sector dos seguros.

Foto de familia dos participantes na xornada, na sede do CES-Galicia.