O sector primario galego vai ser o protagonista de dous novos informes nos que está a traballar o CES-Galicia. Nunha sesión celebrada hoxe, a Comisión sectorial nº 1 recibiú de primeira man información sobre o estado dos traballos do estudo titulado Cambio climático en Galicia e o seu impacto no sector primario, a cargo do profesor da Universidade da Coruña José Antonio Cortés Vázquez. Na mesma reunión, os membros tiveron tamén cumprida información sobre a proposta de alcance e o índice proposto para outro informe, o titulado Os retos para a incorporación da man de obra no medio rural de Galicia, que tamén contará coa colaboración a UDC, a través do investigador Francisco José León Medina. Con estas tomas de contacto, a Comisión participa no seguimento dos traballos de redacción antes de aportar as súas consideracións para as conclusións dos documentos.