O presidente do Consello Económico e Social, Manuel Pérez, participou hoxe na xornada inaugural do Encontro Sober 2026: Diálogos rural e industria, un encontro de líderes económicos, empresariais e institucionais impulsado polo Centro de Estudios Superiores Universitarios de Galicia (Cesuga). Na súa intervención, Pérez salientou a importancia do eido rural como motor económico para o territorio e puxo en valor os documentos e informes do organismo que preside sobre a economía rural, a influencia do cambio climático sobre a producción agropecuaria ou o reto que supón atopar man de obra para as explotacións. Como se concluiú na xornada, cómpre producir con excelencia, pero tamén é necesario garantir que haberá alguén que siga facéndolo no futuro.
No marco da inauguración institucional do encontro, o presidente insistiu no valor do diálogo permanente e na capacidade para acadar acuerdos co obxectivo de abordar retos estructurais como o declive demográfico, o emprego de calidade ou a cohesión territorial.
Pola súa banda, outros representantes do ámbito institucional e empresarias salientaron tamén a importancia destes sectores. O presidente da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), Juan Manuel Vieites, suliñou a necesidade de reforzar a competitividade do tecido produtivo galego desde a cooperación entre sectores e territorios. O presidente da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo, Jaime López, fixo fincapé no rol do tecido empresarial como panca para fixar poboación ao territorio, en particular con oportunidades competitivas para o interior.
As intervencións institucionais completáronse coas reflexións do alcalde de Sober, Luis Fernández, quen reivindicou o seu concello como punto de encontro para proxectar a identidade produtiva do rural cara ao futuro, e do presidente da Deputación provincial de Ourense, Luis Menor, que insistiu na necesidade de investimentos e alianzas para soster os servizos, o emprego e a actividade no territorio.