Unha comparecencia de responsables de distintos departamentos da Xunta de Galicia diante da Comisión sectorial nº 2 celebrada hoxe foi o primeiro paso para a elaboración do ditame solicitado ao CES sobre o anteproxecto do Plan director do sector alimentario 2026-02028.
Na súa visita ao organismo, a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial (Consellería de Economía e Industria), Margarita Ardao Rodríguez; a xefa do Servizo de Promoción Industrial (Consellería de Economía e Industria, Belén Yáñez Barge; o director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria (Consellería do Medio Rural), Juan José Cerviño Varela; e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica (Consellería do Mar), Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete explicaron polo miúdo as membros da Comisión as liñas xerais do Plan, os seus obxectivos e as implicacións para os distintos sectores.
Cada un desde a perspectiva especializada da súa área de responsabilidade, os comparecentes fixeron unha exhaustiva análise do documento, que agora será valorado polas organizacións representadas no Consello. Coas súas achegas e aportacións en forma de consideracións, o CES emitirá o ditame solicitado.
O Plan director do sector alimentario de Galicia é unha ferramenta estratéxica impulsada pola Xunta de Galicia (concretamente, a través da Secretaría xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético) para consolidar a este conxunto de actividades como un motor económico clave.
