Na mesma sesión, o organismo consultivo aprobou un informe sobre nova mobilidade e outro sobre alimentación sostible e xestión do territorio
O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia aprobou hoxe por maioria o seu ditame sobre o anteproxecto de Plan director do sector forestal-madeira 2026-2028 de Galicia, emitido a solicitude da Xunta. No seu documento, o organismo consultivo inclúe consideracións de carácter xeral o outras máis particulares que, na súa opinión, contribuirían a mellorar o plan e a súa aplicación.
Na mesma sesión plenaria, aprobáronse tamén dous informe emitidos por propia iniciativa. Por unha banda, unha completa análise da “Nova mobilidade en Galicia”, elaborado en colaboración cun equipo de expertos da Universidade da Coruña. Por outra, un estudo sobre “Alimentos sostibles e xestión do territorio”, coa colaboración do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.
Todos estes documentos poden consultarse na web do CES-Galicia.