inicio - Novas - Xornada sobre o futuro do medio rural, o vindeiro 26 de novembro

Xornada sobre o futuro do medio rural, o vindeiro 26 de novembro

 09/11/2021  

O CES organiza unha xornada sobre o campo galego que, baixo o título “O medio rural, unha alternativa de futuro”, terá lugar o vindeiro 26 de novembro na sede do organismo. A través dunha fórmula mixta presencial e telemática, o Consello vai reunir a expertos de diferentes eidos para facer unha completa análise das diferentes facianas que ten a vida agraria, a súa importancia para o desenvolvemento e a conservación do territorio ou os retos das novas realidades socioeconómicas.

Logo dunha intervención inicial a cargo da directora da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, as ponencias agruparanse en tres bloques adicados ao sectores produtivos (en particular, ao leite, a carne, o viño e produción forestal), ao papel da muller no mundo rural e á importancia dos fondos europeos neste medio, os retos e as posibilidades.

documentos relacionados: 
AnexoTamaño
PDF icon programa xornada medio rural4.28 MB