inicio - Novas - Visita institucional do novo presidente da patronal galega ao CES

Visita institucional do novo presidente da patronal galega ao CES

 22/02/2017  

O novo presidente da patronal galega, Antón Arias Díaz Eimil, realizou hoxe unha visita institucional áo Consello Económico e Social de Galicia, onde mantivo unha reunión coa presidenta do organismo. Era a primeira que Arias estaba no CES como máximo responsable da CEG, pero coñece moi ben esta casa, xa que é membro do Pleno. Nun ambiente distendido, os dous presidentes comentaron aspectos sobre a participación institucional e os novos retos e oportunidades de colaboración. A CEG ten once representantes no Consello –un terzo do total–, que conforman o Grupo II deste organismo consultivo.