inicio - Novas - Valoraci%C3%B3n positiva reprogramaci%C3%B3n do programa operativo feder galicia 2014 2020
 19/10/2022  

O CES presenta mañana o seu informe "Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedad 5.0"

facultade empresa

O Salón de Graos da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo, no campus das Lagoas-Marcosende, será o esceario para a presentación do último informe aprobado polo CES: "Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedad 5.0". Unha conferencia do profesor Xosé H. Vázquez, coordinador do equipo de trabajo que elaborou o informe, servirá como comezo do evento, que se completará con dous coloquios con representantes de empresas e dos axentes económicos e sociais representados no CES sobre os retos e oportunidades da dixitalización.

VER PROGRAMA

 17/10/2022  

Reunión de traballo do gabinete técnico do CES Galicia con técnicos do CES de España sobre as novidades da Memoria socioeconómica

visita CES España

O gabinete técnico do CES-Galicia mantivo hoxe unha reunión de traballo con parte do equipo técnico da área de estudos do CES de España, na sede do organismo consultivo en Madrid, para analizar os cambios introducidos no proceso de elaboración da memoria socioeconómica deste último ano e as novidades que poderían implementarse para estes vindeiros exercicios. José Francisco Armesto, acompañado polo secretario xeral do organismo galego, Manuel Martínez, compartiron opinións e experiencias co director de área do gabinete de estudos do CES, Luis Sauto, e os coordinadores desa área Reyes de Blas, Fernando Martínez e Nuria Moreno sobre eventuais cambios e procesos de mellora para o documento socioeconómico anual do CES.

 06/10/2022  

Cunha comparecencia do director de Agacal, comeza a elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria

Comparecencia Agacal

Unha comparecencia do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos Corral, diante da Comisión sectorial nº 1 foi o primeiro paso do proceso de elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia, que ven de ter entrada no CES.

O director explicou que o anteproxecto, que é unha actualización do marco normativo relativo á regulación da calidade, ten entre os seus obxectivos achegar aos consumidores garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade cun especial coidado no proceso de produción e comercialización e favorecer o desenvolvemento local e a creación de emprego.

Cabarcos foi repasando os principais contidos da nova normativa e as novidades máis salientables (como a creación de dos novos órganos de consulta e participación ou o establecemento dun sistema de certificación e sustentabilidade, por exemplo), antes de facer unha completa exposición do anteproxecto. Ao remate da sesión, a Comisión fixou un calendario de reunións para a redacción da proposta de ditame.

 22/09/2022  

O Pleno aproba o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”

dixitalización 5.0

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar na súa sesión de hoxe, sen votos en contra, o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”. Trátase dunha exhaustiva reflexión muitidisciplinar e variopinta sobre os retos da dixitalización, un estudo que inclúe, ademais dunha diagnose detallada do estado actual deste proceso, a identificación dos principais retos aos que se debe facer fronte e o debate de propostas e opinións dos principias axentes da sociedade civil. O informe, que se presentará en breve, foi elaborado a través dun convenio entre o CES e a Universidade de Vigo e estivo dirixido polo catedrático Xosé H. Vázquez.

 15/09/2022  

Aberta a convocatoria da IX edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia

IX Paz Andrade

Deste este xoves e ata o vindeiro 30 de outubro de 2022 está aberta a convocatoria da nova edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia, que o CES e o IDEGA da USC convocan de forma conxunta. No prazo establecido, calquera profesor, investigador ou institución pode facer chegar á secretaría do IDEGA a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB). As bases completas poden consultarse no documento incluido nesta páxina.

 12/09/2022  

O CES de España presenta en Marín o seu informe “Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro”.

Informe mujeres

A xornada do vindeiro mércores completarase cun coloquio con traballadoras do sector do mar

“Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro” é o título dun recente informe do Consejo Económico y Social (CES) de España que se presentará este vindeiro mércores na localidade pontevedresa de Marín. A presentación, que se celebrará no museo Manuel Torres desa cidade, correrá a cargo da conselleira do CES Elena Blasco Martín, presidenta da comisión de traballo encargada da redacción do documento.

Páxinas