inicio - Novas - Os vídeos do CES superan as 5.500 visualizacións

Os vídeos do CES superan as 5.500 visualizacións

 22/09/2023  

Os vídeos que recollen distintas actividades do CES ao longo dos últimos meses superan as 5.500 visualizacións no seu conxunto. Aloxados nunha sección específica, "O CES en YouTube", estes documentos audiovisuais constitúen unha forma de visibilización da actividade do Consello e permiten achegarse ás súas iniciativas a persoas e colectivos interesados desde calquera lugar.