inicio - Novas - Rexistradas m%C3%A1is 1200 descargas traballos desde web do ces
 29/11/2012  

O CES actualiza o seu informe sobre o transporte marítimo na fachada atlántica


O Consello Económico e Social de Galicia ven de actualizar o seu informe sobre o transporte marítimo nas rexións do Arco Atlántico europeo, nunha iniciativa conxunta cos organismos consultivos agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos CES europeos da fachada atlántica. Co título Puertos y transporte portuario, o estudio é unha posta ao día do seu anterior traballo A intermodalidade no transporte de mercadorías: portos e hinterland, realizado en 2005.

O informe foi aprobado na última reunión do Comité de Orientacións da RTA, celebrada na cidade francesa de Limoges o pasado 21 de novembro e na que participaron a presidenta do CES, Corina Porro, e o secretario xeral do organismo, Juan José Gallego Fouz. Xunto a este documento, dirixido polos representantes de Galicia, en concreto polo membro do CES-Galicia pola Universidade de Vigo, Juan C. Surís, coa colaboración do Gabinete Técnico do organismo, a RTA actualizou senllos informes sobre a enerxía eólica e a seguridade marítima.
 12/07/2012  

A presidenta do Consello presenta a Memoria Galicia 2011


O Consello Económico e Social presentou hoxe a súa Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2011, nunha rolda de prensa a cargo da presidenta do organismo consultivo. Corina Porro salientou o esforzo de consenso que fixeron os membros do Pleno e a unanimidade acadada nas Consideracións propostos no memoria.
 09/05/2012  

O CES aproba o seu ditame ao anteproxecto de Lei de inclusión social


O Consello Económico e Social ven de aprobar o seu ditame ao anteproxecto de Lei de inclusión social de Galicia, un documento avaliado polo amplo consenso acadado entre os membros do organismo consultivo.
 
O CES emite unha valoración xeral positiva do proxecto normativo, que supón un avance na adaptación do marco galego en materia de inclusión aos principios e criterios das institucións europeas neste eido, así como ás recomendacións das organizacións especializadas do terceiro sector.
 25/10/2011  

O Consello Económico e Social de Galicia liderará un estudio europeo sobre os portos da fachada atlántica

RTA-Baiona

O Consello Económico e Social de Galicia vai ser o organismo encargado de dirixir a elaboración dun estudio de ámbito europeo sobre os portos da fachada atlántica continental. Así o decidiu na súa reunión do pasado luns o Comité de Orientacións da Red Transnacional Atlántica (RTA), organización que agrupa aos CES europeos do Arco Atlántico. Esta é unha das novas iniciativas que adoptou a RTA cara aos vindeiros meses.
 30/09/2011  

O Consello Económico e Social prepara un informe sobre Vigo e a súa área de influencia

InformeVigo
O Consello Económico e Social está a iniciar os traballos para elaborar un informe, a iniciativa propia, sobre Vigo e a súa área de influencia, que se enmarca na serie de estudos territoriais que este organismo consultivo ven desenvolvendo case desde a súa creación. A de Vigo é a ultima área da serie e para abordar a súa análise o organismo consultivo vai introducir dúas novedades, unha de ámbito xeográfico e outra metodolóxica. 

Páxinas