inicio - Novas - Problem%C3%A1tica do envellecemento e demencias neurodexenerativas estudo nunha xornada no ces
 06/10/2022  

Cunha comparecencia do director de Agacal, comeza a elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria

Comparecencia Agacal

Unha comparecencia do director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos Corral, diante da Comisión sectorial nº 1 foi o primeiro paso do proceso de elaboración do ditame sobre o anteproxecto de Lei de calidade alimentaria de Galicia, que ven de ter entrada no CES.

O director explicou que o anteproxecto, que é unha actualización do marco normativo relativo á regulación da calidade, ten entre os seus obxectivos achegar aos consumidores garantías de que o produto que se ofrece pasou rigorosos controis de calidade cun especial coidado no proceso de produción e comercialización e favorecer o desenvolvemento local e a creación de emprego.

Cabarcos foi repasando os principais contidos da nova normativa e as novidades máis salientables (como a creación de dos novos órganos de consulta e participación ou o establecemento dun sistema de certificación e sustentabilidade, por exemplo), antes de facer unha completa exposición do anteproxecto. Ao remate da sesión, a Comisión fixou un calendario de reunións para a redacción da proposta de ditame.

 22/09/2022  

O Pleno aproba o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”

dixitalización 5.0

O Pleno do Consello Económico e Social de Galicia ven de aprobar na súa sesión de hoxe, sen votos en contra, o informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0”. Trátase dunha exhaustiva reflexión muitidisciplinar e variopinta sobre os retos da dixitalización, un estudo que inclúe, ademais dunha diagnose detallada do estado actual deste proceso, a identificación dos principais retos aos que se debe facer fronte e o debate de propostas e opinións dos principias axentes da sociedade civil. O informe, que se presentará en breve, foi elaborado a través dun convenio entre o CES e a Universidade de Vigo e estivo dirixido polo catedrático Xosé H. Vázquez.

 15/09/2022  

Aberta a convocatoria da IX edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia

IX Paz Andrade

Deste este xoves e ata o vindeiro 30 de outubro de 2022 está aberta a convocatoria da nova edición do Premio Valentín Paz Andrade de investigación en economía de Galicia, que o CES e o IDEGA da USC convocan de forma conxunta. No prazo establecido, calquera profesor, investigador ou institución pode facer chegar á secretaría do IDEGA a súa proposta de candidatura ao premio, con indicación de autoría, título e información de edición, engadindo unha copia en papel e indicación dun mecanismo de acceso electrónico ao recurso (ou copia en soporte USB). As bases completas poden consultarse no documento incluido nesta páxina.

 12/09/2022  

O CES de España presenta en Marín o seu informe “Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro”.

Informe mujeres

A xornada do vindeiro mércores completarase cun coloquio con traballadoras do sector do mar

“Mulleres, traballo e coidados: propostas e perspectivas de futuro” é o título dun recente informe do Consejo Económico y Social (CES) de España que se presentará este vindeiro mércores na localidade pontevedresa de Marín. A presentación, que se celebrará no museo Manuel Torres desa cidade, correrá a cargo da conselleira do CES Elena Blasco Martín, presidenta da comisión de traballo encargada da redacción do documento.

 03/08/2022  

O presidente do CES entrega ao Parlamento a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2021

Memoria G21 Parlamento

O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, entregou este mediodía ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2021. Acompañado polo presidente de turno da comisión sectorial encargada do traballo, o representante do sindicato CC.OO. Xesús Castro, o presidente explicou o contido do documento e repasou algunhas das consideracións que recolle. Hernández fixo entrega tamén de tres exemplares maís para os distintos grupos paralmentarios.

 29/07/2022  

Presentación da Memoria socioeconómica de Galicia 2021

presentación G21

Logo da súa aprobación polo Pleno o pasado 22 de xullo, hoxe foi presentada a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2021, que xa está dispoñible na web do organismo. Dividida nos habituais cinco capítulos, o documento deste ano inclúe 80 consideracións, opinión e aportacións dos membros do Consello sobre a nosa realidade e os principais retos que estamos a afrontar, desde a demografía á dixitalización pasando pola transición enerxética ou o crecemento inclusivo. Pode consultar a Memoria completa nesta páxina.

Páxinas