inicio - Novas - O Pleno do CES aproba un orzamento para 2024 que supera os 1.100.000 euros

O Pleno do CES aproba un orzamento para 2024 que supera os 1.100.000 euros

 25/09/2023  

Unha cantidade total de 1.105.896,04 €. Este é o orzamento aprobado polo Pleno do CES na súa sesión de hoxe para o exercicio de 2024. Como cada ano, o organismo elaborou a súa proposta de presuposto para abordar a súa actividade, desde a elaboración de ditames e informes ata a redacción da Memoria sobre a situación socioeconómica, ademáis da celebración de xornadas e outras iniciativas que permitan a eficaz participación dos axentes do Consello para cumplir as súas funcións. Esta proposta supón un incremento do 2% respecto á aprobada para este ano. Dado que o gasto de persoal ten a mesma contía que a aprobada definitivamente pola Xunta de Galicia para o 2023, é previsible que cando se aproben os orzamentos da Xunta o incremento será superior. De xeito xeral, os gastos do CES poden agruparse en catro grandes capítulos: gastos de persoal, gastos de bens correntes e servizos, transferencias correntes (compensacións ou asignacións económicas ás organizacións, entidades e asociacións presentes no Pleno por asistencias ás reunións dos seus órganos colexiados e investimentos reais (equipos para procesos de información).