Comisión sectorial I: sesión 11/21

Data e hora: Array

Asunto: Notificación convocatoria sesión 11/21 da Comisión sectorial nº1

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 1 “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 11/21 da citada comisión feita pola presidenta da mesma, para o vindeiro xoves, 9 de setembro, ás 12:00 horas, a través de videoconferencia (*), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  • Punto único.- Comparecencia da directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey Vilar, para explicar as políticas de innovación da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela