Comisión sectorial I: sesión 12/21

Data e hora: Array

Asunto: Notificación de convocatoria da sesión 12/21 da Comisión sectorial nº 1

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 1 “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 12/21 da citada comisión feita pola presidenta da mesma, para o vindeiro venres, 24 de setembro, ás 12:00 horas, a través de video-conferencia, de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación das actas das dúas sesións anteriores.
  2. Contribución do CES á Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3 Galicia 2021-2027, logo da presentación da mesma por parte da Axencia Galega de Innovación.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela