Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 8/20 da Comisión Permanente
Logo das consultas efectuadas aos membros nas últimas datas, e dada a
premura do asunto a tratar, convócolle á sesión 8/20 da Comisión Permanente
do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar este vindeiro
martes, 15 de decembro, ás 12:00 horas, a través de videoconferencia
(recibirá vostede un enlace para participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- Toma de posición do CES sobre a tramitación da Lei de simplificación
administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia. - Eventual convocatoria e orde do día do Pleno.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2020
O PRESIDENTE
Asdo.: Agustín Hernández Fernández de Rojas
Nota:
Aproveito esta comunicación para lembrarlle que estamos á espera de recibir as
propostas para posibles informes a abordar nos vindeiros meses. Prégolle que,
se a súa organización ten algunha proposta que facer, á remita ao Consello
antes do remate do ano.