Comisión Sectorial IV: sesión 1/21

Data e hora: Array

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 4 “Memoria socioeconómica de Galicia”, notifícaselle a convocatoria da sesión 1/21 da citada comisión feita pola Presidenta da mesma, para o vindeiro xoves, 21 de xaneiro, ás 10:00 horas. A reunión celebrarase de xeito telemático, de acordo coa seguinte:

Unha vez acreditada a imposibilidade de todos os membros do Grupo II na CS-4 (tanto titulares coma suplentes) de asistir á reunión na data prevista, por causas alleas á súa vontade, e aos efectos de garantir a máxima participación na fixación dos criterios e liñas para a elaboración da Memoria 2020, cómpre variar a data da sesión.

Logo de consultados os membros, en cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 4 “Memoria socioeconómica de Galicia”, notifícaselle que a nova data da convocatoria da sesión 1/21 da citada comisión feita pola Presidenta da mesma, é o vindeiro venres, 22 de xaneiro, ás 10:00 horas. A reunión celebrarase de xeito telemático, de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Fixación dos criterios e liñas para a elaboración da Memoria 2020.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela