Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 2/21 da Comisión sectorial nº4
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 4, “Memoria socioeconómica de Galicia”, notifícaselle a convocatoria da sesión 2/21 da citada comisión feita pola presidenta da mesma, para o vindeiro venres, 30 de abril, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia, de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Análise da proposta de capítulo 2.- Mercado de traballo e relación laborais da Memoria 2020.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela