O presidente do CES entrega ao Parlamento a Memoria Galicia 2022
O presidente do Consello Económico e Social, Agustín Hernández Fernández de Rojas, entregou onte ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022. Nunn acto protocolario xa clásico, acompañado polo presidente de turno da comisión sectorial encargada do traballo, o representante da CEG José Antonio Neira, o presidente explicou o contido do documento e repasou algunhas das consideracións que recolle. Hernández fixo entrega tamén de tres exemplares maís para os distintos grupos parlamentarios.
O CES Galicia participa no Comité Territorial del Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal
O CES-Galicia participo hoxe na reunión do Comité Territorial da Área de Cooperación Galicia – Norte de Portugal (AC1), integrado no Programa de Cooperación Interreg VI A España – Portugal (POCTEP) 2021-2027. Na sesión levouse a cabo unha analise e proposta de decisión ao Comité de Gestión (CG) sobre as candidaturas da 3ª Convocatoria de proxectos presentados ao programa.
Os CES españois e franceses da RTA reforzan o seu vínculo e apostan por continuar traballando xuntos en beneficio do arco atlántico
Unha recepción oficial no Parlamento de Andalucía puso o realce institucional á reunión que mantivieron en Sevilla os presidentes e secretarios xerais dos Consellos Económicos e Sociais das rexions atlánticas de España e Francia agrupados na Rede Transnacional Atlántica (RTA). Con esta xuntanza na capital andaluza, estes organismos consultivos reforzan os seus vencellos e apostan por seguir traballando xuntos en beneficio dos colectivos económicos e sociais das rexións do arco atlántico continental. O encontro foi o marco para a reunión do Comité de orientacións da organización, o seu máximo órgano de decisión. O CES-Galicia estivo representado polo seu presidente, Agustín Hernández, e o secretario xeral, Manuel Martínez.
O CES presenta a Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022
Preto de 90 valoracións e opinións sobre a realidade socioeconómica de Galicia compoñen o capítulo de Consideracións da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2022, que o Pleno do CES aprobou hoxe por unanimidade. O documento foi presentado públicamente polo presidente do organismo, Agustín Hernández, ao carón da presidenta de turno da comisión encargada da redacción do mesmo, a representante da CEG no Consello Cristina Rama Molinos.
Xornada sobre a problemática das vivendas de uso turístico (VUT)
Xornada sobre a problemática das vivendas de uso turístico (VUT) que organiza a Unión de Consumidores de Galicia –e na que colabora o CES–, que se celebrou o 27 de xuño no Museo Pedagóxico de Galicia (San Lázaro), en Santiago.O presidente do CES lembra a preocupación do organismo polo envellecemento da poboación nunha xornada sobre demografía en Portugal
O presidente do Consello Económico e Social de Galicia, Agustín Hernández, lembrou que, desde hai anos, o organismo está a alertar do problema do envellecemento da poboación e do poco éxito das políticas públicas neste eido. Nunha xornada organizada polo Eixo Atlántico para presentar unha axenda de propostas para combater o despoboamento no interior de Galicia e no Norte de Portugal celebrada na localidade lusa de Mirandela,Hernández insistiu en que, “ano tras ano, o CES está a poñer de manifesto, en particular nas Consideracións da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia, a necesidade de políticas activas para parar o envellecemento dos nosos territorios”.
Páxinas
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »