inicio - Novas - As ponencias da xornada sobre Galicia e o Norte de Portugal, na web

As ponencias da xornada sobre Galicia e o Norte de Portugal, na web

19/01/2017

Xa están a disposición dos interesados as ponencias da recente xornada sobre as relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal.

O CES pon a disposición dos interesados as intervencións dos expertos que participaron na recente xornada sobre as relacións económicas entre Galicia e o Norte de Portugal. Pode acceder aos vídeos a través de seguinte ligazón: vídeos xornada Galicia–Norte de Portugal. Pode vostede elixir o punto da gravación que lle interese movéndose cos controis da pantalla de vídeo e coa axuda do índice inferior.

A través deste novo servizo, o Consello pretende facilitar o acceso aos axentes económicos e sociais e a sociedade en xeral ás distintas actividades que esta a desenvolver dentro das súas funcións.