inicio - Novas - Un estudio sobre incendios forestais, premio de investigación “Valentín Paz Andrade” 2014

Un estudio sobre incendios forestais, premio de investigación “Valentín Paz Andrade” 2014

 17/11/2014  

O informe titulado«Estudio de la causalidad de los incendios forestales en Galicia », dos autores Jesús Barreal, María L. Loureiro y Juan Picos, foi galardoado co premio de investigación en economía de Galicia “Valentín Paz Andrade” 2014, convocado conxuntamente polo CES e o Idega. O acto formal de entrega da distinción terá lugar o vindeiro 16 de decembro en Santiago de Compostela.
 
Elixido entre preto dunha trintena de participantes, o traballo seleccionado, que foi publicado na Revista Galega de Economía (vol. 12, nº 1, “Economía agraria e recursos naturais” , 2012), analiza a problemática dos lumes forestais dun xeito global, afondando tanto nos aspectos ambientais como nos socioeconómicos.
 
En opinión do xurado, o estudio fíxose acreedor do premio por ser o que aportaba “unha maior relevancia para o progreso do coñecemento da realidade socioeconómica”galega e porque, polas súas aportacións,“fará posible, por medio das políticas defendidas, unha mellor asignación de recursos e un maior impulso ao coñecemento”, segundo as bases da convocatoria.
 
Entre outros aspectos valorados polo xurado presidido polo reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño Rey, destacouse que as conclusións recollidas no traballo premiado poderán aplicarse na implementación de políticas de loita contra o lume polas administracións públicas en distintos eidos, desde as políticas agropecuarias ata a ordenación do territorio ou a reactivación demográfica das comarcas máis afectadas.
 
O premio “Valentín Paz Andrade”de investigación en economía de Galicia é convocado conxuntamente con carácter anual polo Consello Económico e Social de Galicia e oInsituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia(Idega)co obxecto de premiar aqueles traballos de investigación que contribúan ao mellorcoñecemento da realidade económico-social de Galicia e ao establecemento das mellores políticas para contribuír aobenestar dos seus cidadáns.
 
Poden concorrer ao premio, que está dotado con 2.000 euros, todos os traballos publicados en revistas científicas ou en editoriais recoñecidas e que entren no seu obxecto.Aínda que ten carácter anual, á convocatoria do ano 2014 poideron presentarse,con carácter excepcional, traballos publicados nos dous anos anteriores.
 
O xurado encargado de valorar os estudios presentados estivo composto polo reitor da USC, a presidenta do CES, o director do Idega, senllos representantes das dúas institucións convocantes e tres investigadores de recoñecidoprestixio en ciencias sociais en Galicia.
 
Esta convocatoria é un elomáisna colaboración que ven mantendo o CES co instituto universitario en distintos ámbitos para mellorar o coñecemento da realidade socioeconómica de Galicia.