inicio - Novas - ENTREGA DO PREMIO VALENTÍN PAZ ANDRADE DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA SOCIOECONÓMICA

ENTREGA DO PREMIO VALENTÍN PAZ ANDRADE DE INVESTIGACIÓN EN MATERIA SOCIOECONÓMICA

 23/01/2024  
José Manuel Amoedo e María del Carmen Sánchez-Carreira foron recoñecidos co premio Valentín Paz Andrade de Investigación en Economía de Galicia correspondente a 2023, convocado polo Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (IDEGA) e o Consello Económico e Social (CES). Amoedo e Sánchez-Carreira, que foron premiados polo artigo ‘Os efectos iniciais da COVID-19 nas desigualdades de renda en Galicia e a súa distribución na sociedade’, publicado na Revista Galega de Economía, recibiron hoxe, no salón de graos do reitorado, o premio, acto que contou coa participación do presidente do CES Galicia, Manuel Pérez Álvarez e co reitor da USC, Antonio López Díaz, así como coa directora do IDEGA, María dolores Riveiro García.