A Xunta presenta a nova Lei do Solo ante o Consello Económico e Social como unha aposta decidida por un urbanismo responsable e transparente

A secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas explicou hoxe aos membros do organismo o contido do anteproxecto

Avanza a creación da Plataforma Urbanística de Galicia para fomentar a participación cidadá e o Rexistro de Planeamento Urbanístico para incrementar a seguridade xurídica
Defende que a nova Lei do Solo aposta pola dinamización do rural e por crear instrumentos de planificación adaptados ás necesidades de cada concello
O anteproxecto foi aprobado o 15 de xullo polo Consello da Xunta para ser remitido ao Consello Económico e Social como paso previo ao inicio do trámite parlamentario