O novo número de “Cadernos” do CES recompila os retos da dixitalización e o teletraballo

A aparición da covid-19 supuxo unha transformación do modo de vida, dando

lugar a cambios en ámbitos como as relacións sociais, o traballo ou a educación. A

dixitalización acelerada da actividade económica e as novas relacións laborais

consecuencia da implantación crecente do teletraballo teñen distintas consecuencias

en moitos terreos. Os axentes económicos e sociais representados no Consello

Económico e Social de Galicia amosan as súas opinións sobre esta nova realidade, que

se publican agora nun novo número da serie “Cadernos”.

As opinións das organizacións sindicais sobre a dixitalización e o teletraballo e as

implicacións para o labor dos representantes dos traballadores ou para a negociación

colectiva; os retos que as empresas teñen que enfrontar nun entorno global e

conectado on-line; ou os desafíos que estes cambios de paradigma supoñen para o

mundo rural e a súa supervivencia son algúns dos aspectos que se recompilan nesta

publicación.

En breve, segundo indica, outro número recollerá outros artigos sobre gobernanza dixital,

fiscalidade ou protección de datos. Como indica o presidente do CES na presentación deste “caderno”, “as dúas publicacións dan unha visión global, multifocal, variada e completa desta nova realidade, un novo xeito de vivir, traballar, aprender e relacionarnos que xa estaba en marcha e que a pandemia acelerou e consolidou”.

Data: Array

Resumo: Recolle as distintas opinións dos axentes sociais sobre esta nova realidade.