Comisión Sectorial IV: sesión 2/22

Data e hora: Array

Asunto: Notificación convocatoria da sesión 2/22 da Comisión sectorial nº 4

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 4, “Memoria socioeconómica de Galicia”, notifícaselle a convocatoria da sesión 2/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro mércores, 25 de maio, ás 10:30 horas, na sede do organismo (rúa Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación das actas das sesións anteriores.
  2. Análise da proposta de capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais da Memoria 2021.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela