Comisión sectorial I: sesión 14/21

Data e hora: Array

Asunto: Notificación convocatoria sesión 14/21 da Comisión sectorial nº 1

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 14/21 da citada comisión feita pola presidenta da mesma, para o vindeiro mércores, 10 de novembro, ás 12:30 horas, na sede do CES, de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Presentación do estado do informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0.”, a cargo do profesor Xosé Henrique Vázquez Vicente, responsable do mesmo.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela