Data e hora: Array
Asunto: notificación convocatoria da sesión 6/21 da Comisión Permanente
Convócolle á sesión 6/21 da Comisión Permanente do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro luns, 24 de maio, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Tramitación da proposta de modificación do Regulamento do Consello.
- Tramitación da proposta de “Informe sobre a empregabilidade da mocidade en Galicia” .
- Valoración da proposta da CS-1 sobre a celebración dunha xornada de reflexión sobre a empregabilidade da mocidade.
- Informe da Presidencia.
- Convocatoria e orde do día do Pleno.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2021
O PRESIDENTE
Agustín Hernández Fernández de Rojas