Data e hora: Array
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 1 “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 5/21 da citada comisión feita pola Presidenta da mesma, para o vindeiro mércores, 24 de marzo, ás 11:00 horas, na sede do CES (rúa Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Continuación coa presentación do documento “Informe sobre a empregabalidade da mocidade en Galicia” a cargo do equipo da Universidade de Santiago de Compostela encargado do traballo.
- Valoración do informe e consideracións.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2021.
O SECRETARIO XERAL
Manuel Martínez Varela
(*)Dada a premura da convocatoria a aprobación da acta da sesión 4/21 levarase a cabo na seguinte sesión. A sesión será presencial. O equipo redactor, á vista dos problemas técnicos (de son) acaecidos na reunión de onte (polos que algúns dos membros non puideron escoitar a intervención) fará unha exposición do informe de 30 minutos e a continuación os membros da comisión poderán facer as consideracións, preguntas ou suxestións que consideren oportunas