Comisión sectorial II: sesión 1/21

Data e hora: Array

A sesión 1/21 da Comisión sectorial nº 2, convocada para o vindeiro
mércores, 27 de xaneiro, e adicada á presentación por parte dos seus autores
do “Informe sobre o sistema de cuidados de longa duración en Galicia desde a
perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, estaba
prevista de xeito presencial.

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do
Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa
condición de membro da comisión sectorial nº 2 ³Sector público e benestar
social², notifícaselle a convocatoria da sesión 1/21 da citada comisión
feita polo presidente da mesma, para o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, ás
10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de
Compostela)
, de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Presentación da proposta de ³Informe sobre o sistema de cuidados de
    longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de
    creación de emprego², a cargo do equipo redactor dirixido pola profesora
    Raquel Martínez Buján.
  3. Valoración do informe e consideracións.
  4. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela

(*) De xeito excepcional, e dado que se trata da presentación do informe, a
sesión terá carácter presencial e celebrarase na sala do Pleno para garantir
todas as medidas sanitarias e de distanciamento pertinentes.