Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 5/20 da Comisión sectorial nº 2: comezo do informe sobre emprego xuvenil
Segundo as previsións coñecidas, e conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 5/20 da Comisión sectorial nº 2, Sector público e benestar social, para o vindeiro mércores, 30 de setembro, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Inicio do proceso de elaboración do informe sobre A empregabilidade da mocidade en Galicia: diagnóstico, políticas e propostas de actuación. Presentación da equipa redactora.
- Procedemento de traballo na comisión sectorial para a elaboración dos informes.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz