Pleno sesión 9/19

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 9/19 do Pleno

Convócolle á sesión 9/19 do Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro xoves, 21 de novembro, ás 12:00 horas en primeira convocatoria e ás 12:30 horas en segunda convocatoria, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Informe do presidente.
  3. Aprobación da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de museos e centros museísticos de Galicia.
  4. Aprobación da proposta de informe de seguimento do sector manufactureiro galego.
  5. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2019
O PRESIDENTE
Asdo.: Agustín Hernández Fernández de Rojas