Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 5/19 da Comisión sectorial nº 2
Co fin de dar comezo aos traballos do informe previsto sobre a realidade da muller, e conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 5/19 da Comisión sectorial nº 2, Sector público e benestar social, para o vindeiro venres, 28 de xuño, ás 11:00 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Presentación do contido do estudio “A realidade socioeconómica da muller en Galicia. Unha perspectiva multidimensional” a cargo dos directores do equipo encargado do mesmo.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz