Comisión sectorial III: sesión 2/19

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 2/19 da Comisión sectorial nº 3

Como estaba previsto, conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do CES e co obxecto de dar continuidade ao grupo de traballo sobre os fondos de cohesión europeos na perspectiva 2021-2027 no que está a traballar o Consello, convócase a sesión 2/19 da Comisión sectorial nº 3, Desenvolvemento rexional, para o vindeiro xoves, 7 de febreiro, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Comparecencia do xefe de gabinete da Consellería do Mar, Antonio Basanta Fernández, para explicar as perspectivas e novidades do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca.
  2. Comparecencia do subdirector xeral de Planificación e Coordenación de Fondos da Consellería de Medio Rural, Juan Manuel Martínez Barral, para falar dos recursos e plans para a agricultura.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2019
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz