Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 13/18 da Comisión sectorial nº 4
De acordo co previsto na reunión anterior e conforme co artigo 30 de
Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 13/18 da
Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, para o vindeiro
venres, 13 de xullo, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo,
nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Continuación da análise da proposta de Consideracións da Memoria sobre a
situación económica e social de Galicia 2017. - Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz
Nota:`p>
Dada a premura da convocatoria e a necesidade de rematar o estudio das
consideracións, a acta da sesión anterior e outras pendentes serán sometidas
a aprobación nunha vindeira sesión.