Data e hora: Array
Asunto: convocatoria da sesión 4/17 da Comisión Permanente
Convócolle á sesión 4/17 da Comisión Permanente do Consello Económico e
Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro mércores, 12 de xullo, ás 10:30
horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de
Compostela), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- Posta en coñecemento da proposta de Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2016.
- Informe de situación do traballo sobre o sector industrial.
- Convocatoria e orde do día do Pleno.
- Rogos e preguntas
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2017
A PRESIDENTA
Asdo.: Corina Porro Martínez