Comisión Sectorial IV: sesión 12/17

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 12/17 da Comisión sectorial nº 4

Segundo o acordado na reunión anterior, e conforme co artigo 30 de
Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 12/17 da
Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, para mañá,
xoves, 29 de xuño, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº
24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Continuación do estudo da Proposta de Consideracións do capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2016.
  3. Análise da proposta do novo capítulo 5.- Recursos e capacidades para o desenvolvemento da Memoria 2016.
  4. Resumo do capítulo 5 para consideracións.
    Lémbrolle que a Comisión decidiu establecer un prazo para remisión de
    aportacións ou achegas que remata o vindeiro martes, 27 de xuño. Como sempre,
    prégolle que envíe ás súas contribucións ao enderezo
    consideracions@ces-galicia.org

  5. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2017
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz