Comisión Sectorial IV: sesión 2/16

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 2/16 da Comisión sectorial nº 4

Rematado o prazo establecido para a aportación de consideracións ao capítulo 2 da Memoria 2015, e conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 2/16 da Comisión sectorial nº 4, Memoria socioeconómica de Galicia, para o vindeiro xoves, 28 de abril, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Aprobación da acta da sesión anterior.

2.- Análise das consideracións sobre o capítulo 2.- Mercado de traballo e relacións laborais, da Memoria sobre a situación económica e social de Galicia 2015.

3.- Estudio da proposta de capítulo 1.- Panorama económico, da Memoria 2015.

4.- Rogos e preguntas

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2016
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz

=================================================================================================

Asunto: aportación da UVigo para a sesión 2/16 da Comisión sectorial nº 4

Para a súa incorporación á documentación remitida hoxe coa convocatoria da vindeira sesión (2/16) da Comisión sectorial nº 4, xúntolle a aportación da Universidade de Vigo ao capítulo 2.

A representante da Universidade de Vigo indica que “ ademáis, van unha pequenas propostas de correción ao documento de resumo, pero que so pretenden axudar a clarificar o texto. Pólo tanto podem ser ignoradas”.