Data e hora: Array
Conforme co artigo 30º do Regulamento de Réxime Interno do Consello, e segundo o calendario establecido cos membros da Comisión Sectorial nº 2, Sector público e benestar social, convócase a sesión 2/13 desa comisión para o vindeiro luns, 18 de marzo, ás 10:30 horas, na sede do Consello Económico e Social de Galicia (r/Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Aprobación da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de creación do colexio profesional de dietistas- nutricionistas de Galicia (*).
3.- Análise da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de garantías das prestacións sanitarias de Galicia.
4.- Rogos e preguntas.
Nota:
(*) A proposta de ditame xa foi enviada para a súa confirmación nunha mensaxe anterior desta mesma data.
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2013
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz