Data e hora: Array
Acórdase convocar o Pleno do Consello Económico e Social de Galicia, na súa sesión 5/12, de carácter extraordinario, para o vindeiro xoves, 25 de outubro, ás 9:00 horas en primeira convocatoria e ás 9:30 horas en segunda convocatoria, na sede do Consello Económico e Social de Galicia (r/ Algalia de abaixo, 24, en Santiago), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
2.- Acordo sobre unha eventual resposta do Consello ao escrito recibido do Grupo Parlamentar Popular do Parlamento de Galicia propoñendo a creación do Consello Económico, Social e Laboral de Galicia.
3.- Rogos e preguntas.
A presente convocatoria realízase a petición dos representantes das organizacións UGT, CIG, CC.OO., UU.AA. e SLG e de acordo co previsto no artigo 13.3 da Lei de creación do CES.
Xunto coa convocatoria xúntolle un borrador de acordo do Pleno do CES sobre a proposta de creación do Consello Económico, Social e Laboral de Galicia.