Data e hora: Array
Asunto: Notificación convocatoria sesión 5/22 da Comisión sectorial nº 1
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 5/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro luns, 4 de xullo, ás 10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Lectura e aprobación da acta da sesión anterior.
- Análise da proposta de informe “Galicia 2030: unha dixitalización 4.0 para unha sociedade 5.0.
- Rogos e preguntas
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela