Comisión Sectorial III: sesión 1/22

Data e hora: Array

Asunto: Notificación convocatoria da sesión 1/22 da Comisión sectorial nº 3

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da comisión sectorial nº 3, “Desenvolvemento rexional”, notifícaselle a convocatoria da sesión 1/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro mércores, 11 de maio, ás 10:30 horas, en formato videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Análise das consideracións aportadas polos membros sobre a valoración dos programas operativos FSE e FEDER Galicia 2021-2027.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela