Comisión sectorial I: sesión 3/22

Data e hora: Array

Asunto: notificación da convocatoria da sesión 3/22 da Comisión sectorial nº 1

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 1, “Economía, emprego e sectores produtivos”, notifícaselle a convocatoria da sesión 3/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro luns, 28 de marzo, ás 11:00 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  • Punto único.- Comparecencia do profesor Fernando de Llano Paz, da Universidade da Coruña, para presentar diante da Comisión sectorial a proposta de traballo, o esquema e o índice do informe sobre “O sector enerxético en Galicia: presente e futuro”.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela