Comisión Sectorial II: sesión 3/22

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 3/22 da Comisión sectorial nº 2

En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 2, “Sector público e benestar social”, notifícaselle a convocatoria da sesión 3/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro venres, 4 de febreiro, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte:

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Continuación do traballo de elaboración da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 3 de febreiro de 2022
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela