Data e hora: Array
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa condición de membro da Comisión sectorial nº 2, “Sector público e benestar social”, notifícaselle a convocatoria da sesión 1/22 da citada comisión feita polo presidente da mesma, para o vindeiro luns, 17 de xaneiro, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte:
ORDE DO DÍA
- Aprobación das actas das sesións anteriores.
- Ditame do anteproxecto de Lei de mellora da xestión do ciclo integral da auga de Galicia
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela,
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela