Comisión Permanente Sesión 16/21

Data e hora: Array

Asunto: notificación convocatoria da sesión 16/21 da Comisión Permanente

Convócolle á sesión 16/21 da Comisión Permanente do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro luns, 29 de novembro, ás 11:30 horas, na sede do CES (rúa Algalia de abaixo, 24, en Santiago) de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Proposta de posicionamento do CES sobre a xestión do lobo.
  3. Proposta de declaración do CES sobre a modernización da rede ferroviaria galega (*).
  4. Convocatoria e orde do día do Pleno.
  5. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021
O PRESIDENTE
Agustín Hernández Fernández de Rojas

(*) Nota: Acompaña a esta convocatoria unha versión modificada da proposta remitida inicialmente na que se incorporan algunhas das aportacións achegadas polo Sindicato Labrego Galego (van destacadas en cor vermella) no prazo establecido para iso. Xunto tamén o texto completo das consideracións da dita organización.