Data e hora: Array
Asunto: Convocatoria da sesión 8/21 da Comisión Permanente
Convócolle á sesión 8/21 da Comisión Permanente do Consello Económico e Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro mércores, 30 de xuño, ás 10:30 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede unha invitación para participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Protocolo para a elaboración de informes externos.
- Proposta conxunta das organizacións sindicais CIG, CCOO e UGT sobre a Estratexia de empregabilidade da mocidade en Galicia.
- Proposta de xornada sobre electrificación e mobilidade.
- Proposta de iniciativa en relación ao incremento do custo da factura eléctrica.
- Informe da Presidencia.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2021
O PRESIDENTE
Agustín Hernández Fernández de Rojas