Data e hora: Array
Convócolle á sesión 2/21 da Comisión Permanente do Consello Económico e
Social de Galicia, que terá lugar o vindeiro mércores, 10 de febreiro, ás
10:00 horas, a través de videoconferencia (recibirá vostede un enlace para
participar), de acordo coa seguinte
ORDE DO DÍA
- Aprobación das actas das sesións anteriores.
- Tramitación da proposta de ditame sobre o anteproxecto de Lei de
recoñecemento da universidade privada Universidad Intercontinental de la
Empresa. - Tramitación da proposta de “Informe sobre o sistema de cuidados de longa
duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de
creación de emprego”. - Dación de conta da postura do CES na Rede Transnacional Atlántica (RTA).
- Proposta de plan de traballo para 2021.
- Convocatoria e orde do día do Pleno.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 5 de febreiro de 2021
O PRESIDENTE
Agustín Hernández Fernández de Rojas