Data e hora: Array
A sesión 1/21 da Comisión sectorial nº 2, convocada para o vindeiro
mércores, 27 de xaneiro, e adicada á presentación por parte dos seus autores
do “Informe sobre o sistema de cuidados de longa duración en Galicia desde a
perspectiva da prestación de servizos e de creación de emprego”, estaba
prevista de xeito presencial.
En cumprimento do disposto no artigo 30 do Regulamento de réxime interno do
Consello Económico e Social de Galicia (CES), e tendo en conta a súa
condición de membro da comisión sectorial nº 2 ³Sector público e benestar
social², notifícaselle a convocatoria da sesión 1/21 da citada comisión
feita polo presidente da mesma, para o vindeiro mércores, 27 de xaneiro, ás
10:30 horas, na sede do CES (Algalia de abaixo, 24, en Santiago de, de acordo coa seguinte:
Compostela)
ORDE DO DÍA
- Aprobación da acta da sesión anterior.
- Presentación da proposta de ³Informe sobre o sistema de cuidados de
longa duración en Galicia desde a perspectiva da prestación de servizos e de
creación de emprego², a cargo do equipo redactor dirixido pola profesora
Raquel Martínez Buján. - Valoración do informe e consideracións.
- Rogos e preguntas.
Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2021
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Manuel Martínez Varela
(*) De xeito excepcional, e dado que se trata da presentación do informe, a
sesión terá carácter presencial e celebrarase na sala do Pleno para garantir
todas as medidas sanitarias e de distanciamento pertinentes.