Comisión sectorial II: sesión 5/20

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 5/20 da Comisión sectorial nº 2: comezo do informe sobre emprego xuvenil

Segundo as previsións coñecidas, e conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 5/20 da Comisión sectorial nº 2, Sector público e benestar social, para o vindeiro mércores, 30 de setembro, ás 10:30 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Inicio do proceso de elaboración do informe sobre A empregabilidade da mocidade en Galicia: diagnóstico, políticas e propostas de actuación. Presentación da equipa redactora.
  3. Procedemento de traballo na comisión sectorial para a elaboración dos informes.
  4. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2020
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz