Comisión Sectorial II: sesión 5/19

Data e hora: Array

Asunto: convocatoria da sesión 5/19 da Comisión sectorial nº 2

Co fin de dar comezo aos traballos do informe previsto sobre a realidade da muller, e conforme co artigo 30 de Regulamento de Réxime Interno do Consello, convócase a sesión 5/19 da Comisión sectorial nº 2, Sector público e benestar social, para o vindeiro venres, 28 de xuño, ás 11:00 horas, na sede do CES (r/ Algalia de abaixo, nº 24, en Santiago de Compostela), de acordo coa seguinte

ORDE DO DÍA

  1. Aprobación da acta da sesión anterior.
  2. Presentación do contido do estudio “A realidade socioeconómica da muller en Galicia. Unha perspectiva multidimensional” a cargo dos directores do equipo encargado do mesmo.
  3. Rogos e preguntas.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2019
O SECRETARIO XERAL
Asdo.: Juan José Gallego Fouz